Benvid@ ao club.
Se estás lendo esta entrada, noraboa, ¡formas parte do club!, xa sexa coma integrante do mesmo ou coma seguidor.
Esta páxina nace coa idea de proxectar e dar visibilidade ás actividades que se leven a cabo dende o CLUB DE CIENCIA do centro. Aquí encontrarás novas, curiosidades, retos e xogos científicos entre outras cousas.
A ciencia é divertida e cotiá, así que anímate a seguirnos e a participar. Pasarémolo ben e o máis importante, entenderemos un pouco mellor a nosa contorna.
Arrancamos.