Deixámosvos un primeiro reto para que pensedes un pouco.
Nunha mesa hai 3 sombreiros negros e dous brancos. Tres persoas situadas en fila india collen un sombreiro e póñeno sen mirar de que cor é.
Preguntámoslle ao terceiro da fila, que pode ver a cor do sombreiro do segundo e do primeiro, se é capaz de dicir de que cor é o seu sombreiro. Responde que non.
Preguntámoslle ao segundo da fila, que só pode ver o sombreiro do primeiro, se é capaz de dicir de que cor é o seu sombreiro. Responde que non.
Por último, preguntámoslle ao primeiro da fila, que non pode ver ningún sombreiro, e este di que que si que sabe de que cor é o seu sombreiro.
Cal é a cor do sombreiro do primeiro da fila e como é que foi capaz de sabelo?
Entendendo que o primerio pode ver os sombreiros que quedan na mesa, observa que quedan os dous brancos, polo tanto, inmediatamente dáse de conta que o seu é o negro (obviamente o terceiro ve ao segundo con sombreiro de cor negra e ao primeiro con sombreiro de cor negra pero non podía saber o seu ao quedar outro negro e dous brancos que non veía).
GústameGústame
Nin o primeiro nin ningún pode ver os sombreiros que quedaron na mesa. De feito o primeiro non ve NINGÚN sombreiro e ainda así é capaz de deducir a cor do que ten.
GústameGústame
Se o terceiro non sabe, os seus compañeiros non poden ter dous brancos: ou son negros ambos, ou son branco e negro.
Se o segundo vira ao primeiro de sombreiro branco, sabe q el non pode ter sombreiro branco xa q o terceiro non dubidaría e diría negro, polo q o segundo tería a certeza de q o seu propio sombreiro sería branco tamén. Pero o segundo non o ten claro, polo q está a ver ao primeiro cun sombreiro negro.
Por esta misma deducción, o primeiro diría q ten un sombreiro NEGRO.
GústameGústame
O terceiro ou ve dous negros ou ve un branco máis un negro. Polo tanto non pode saber a cor do seu sombreiro xa que pode ser blanco ou negro.
O segundo, despois de escoitar, fixo o mesmo razoamento que o terceiro. Pero non pode deducir a cor do sombreiro que ten el porque está vendo que o primeiro é de cor negro (Se o primeiro fora blanco entón o del sería negro pero ao ser negro o do segundo pode ser blanco ou negro).
O primeiro escoitou ao terceiro e logo ao segundo e facendo os mesmos razoamentos sabe que o seu e de cor negro sen necesidade de ver ningún sombreiro.
GústameGústame
O terceiro mira hacia diante e pode ver os sobreiros dos seus compañeiros e dicrir, que el ve o sombreiro do segundo que e negro, o sombreiro do primeiro e decor negra debido a que cado o terceiro mira hacia diante pode observar os dous sombreiros negros e non saber cal e o seu.
GústameGústame
Xa podedes comprobar se a vosa resposta ao reto era correcta. Tedes unha ligazón a solución no post.
GústameGústame