Minipunto limpo

Ao minipunto limpo que xa tiñamos no centro na entrada principal para pilas e tóner, vimos de engadirlle un colector para os materiais de escritura. Invitámosvos a participar nesta iniciativa promovida dende o Club de Ciencia e enmarcada no proxecto Terracycle.

        Donde está o minipunto limpo?
Na entrada principal do instituto á man dereita.
20171030_102407_800_al_5
Que podes depositar?
As pilas, o tóner de impresora, e diverso material de escritura. Todos eles son materiais que non se poden botar ao lixo convencional, deben ser levados ao punto limpo do Concello para recibir un tratamento específico. Nós poñémoscho máis doado, non precisas deprazarte ate alí para desfacerte deles. Pero é importante que teñas claro o que podes e o que non podes depositar no noso minipunto limpo.

  • Artigos aceptados: Bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, portaminas, correctores (de cinta ou líquidos), plumas estilograficas.
  • Artigos non aceptados: Pegamentos, gomas, regras, lapis, tesoiras.

Lembrade que todos contamos e todos sumamos á hora de coidar noso planeta. Porque non hai un planeta B!

Cita célebre en data sinalada

Un viaxeiro chegado doutra época desexa saber a que data chegou para poder levar a cabo a misión que lle encomendaron. Para iso, diríxese no presente a un bar. Alí atópase cunha persoa que parece algo borracha.

—En que ano estamos? -—pregunta o viaxeiro.
—En 2017, hip! —responde mentres bota un grolo.
—Que día é hoxe? —volve preguntar o viaxeiro.
—Hip! Pois se onte fose mañá, hoxe sería venres, hip! —contéstalle o outro todo cheo de razón.

Poderías axudar o noso viaxeiro a deducir que día da semana é?

Solución.