Investiga o que comes

Podedes escoitar esta entrada a través dun lector de códigos QR.CODIGO_QR_TODO

Nunca vos preguntastes que cantidade de azucre tomamos cada día? Nós, as alumnas de “Investiga o que comes” do Club de Ciencia do IES María Casares: Natalia Padín, Lucía López, Ainhoa Ríos, Andrea Villar e Noa Blanco, xunto coas profesoras Silvia Méndez e María Temes decidimos investigar sobre este tema.

epccs-predimed-2-001100-797x600px1489-epicAntes de poñernos mans á obra constatamos que alimentación e saúde están moi relacionadas. O EPIC study (deseñado para investigar as relacións entre dieta, estado nutricional, estilo de vida e factores ambientais, e a incidencia de cancro e outras enfermidades crónicas) e o Predimed (Prevención con Dieta Mediterránea) dan fe disto.

Desde o Club de Ciencia queriamos poñer o noso gran de area, comprobando primeiro, e evidenciando despois, o papel do azucre como complemento case obrigado da meirande parte dos alimentos que inxerimos.

Para levar a cabo a nosa investigación fixéronnos falta os envases de diferentes alimentos, unha báscula, unha culler, azucre, un rotulador permanente, tesoiras, cinta de dobre cara e bolsas zip pequenas.

A forma de proceder foi a mesma cos diferentes alimentos: partindo da información nutricional exemplo_lata_con_bolsa_azucre_escaladopesando_azucre_escaladoque aparece nos envases, calculamos a cantidade de azucre contida nunha ración (4 galletas, unha lata de refresco, 30 g de cereais…). A continuación, coa axuda da báscula, collemos esas mesmas cantidades de azucre e metémolas nunhas bolsiñas zip nas que indicamos o nome dos alimentos e os gramos de azucre aos que correspondían.

completando_info_nutricional_escalado

Nalgúns produtos a información nutricional aparece só no envase que mercamos pero non nos envases individuais que contén; nestes casos tivemos que buscala.

Aínda que a cantidade de azucre varía moito duns produtos a outros, logo de encher as bolsiñas zip chegamos á conclusión de que, hoxe en día, a maioría dos alimentos que consumimos levan moito azucre, así que debemos controlar a nosa inxesta diaria.

Como se trataba de poder presentar esta información dun xeito atractivo, decidimos facer un panel xigante no que figurasen os resultados das nosas investigacións.

panel_sen braille_escalado

 

Utilizando un cartón de grandes dimensións dispuxemos nel os envases dos alimentos que analizamos (galletas, refrescos, bebidas enerxéticas, chocolate…) xunto coa información nutricional e a bolsiña zip co azucre que conteñen.

 

escribindo_braille_escaladoAdemais engadimos un letreiro escrito en braille ao carón de cada alimento para permitir que, tamén as persoas con discapacidade visual, sexan quen de entender o noso traballo.

Nesta última fase queremos agradecer a Natalia Beade Bouzas e a Beatriz Edreira Guerra a súa inestimable colaboración, elas encargáronse de supervisar a lexibilidade dos nosos letreiros escritos en braille.

panel_final_investiga_o_que_comes_escalado

E velaquí tedes o resultado do noso traballo! agardamos que vos resulte interesante.

Mentres tanto nós seguimos traballando nun novo panel de alternativas naturais.

 

foto_preparando_alternativas_naturais_escalado_recortado

 

Porque a vida non ten que deixar de ser doce!

O hotel con infinitos cuartos

No hotel con infinitos cuartos sempre hai un dormitorio para calquera.

Un bo día chega un turista para hospedarse no hotel. A recepcionista revisa os cuartos que están ocupados e comproba que… HAY INFINITOS CUARTOS OCUPADOS! Despois duns segundos de histeria, decátase de que, como o hotel ten infinitos cuartos, pode asignarlle un ao novo hóspede.

1) Que cuarto lle asigna e como?

Pouco despois de resolver o problema, chegan de novo ao hotel… INFINITOS TURISTAS demandando cadanseu cuarto e, claro, a recepcionista terá que asignárllelos, aínda que xa haxa infinitos cuartos que están ocupados.

2) Como resolve esta nova situación?

ENC-020_Hotel-infinito

Veña: a darlle voltas ao enxeñoso e fabuloso infinito! Non hai quen o pille, pero podemos seguilo.

Solución.