Os compoñentes do grupo Xogos matemáticos, estivemos a deseñar un calendario con problemas matemáticos e de enxeño en forma de concurso para a comunidade educativa. No recibidor do instituto atópanse os problemas, e quen queira pode participar depositando as súas respostas no buzón de respostas.
Ao final do mes fixemos reconto e obtivemos a gañadora de Novembro, Candela Martínez alumna de 1º ESO.
Para aqueles que vos animastes a participar, aquí tedes as solucións aos problemas deste mes. Nós seguimos cociñando novos problemas para Decembro. Animádevos a participar. O premio é unha fantástica calculadora científica cada mes.
Ademais do calendario, tamén estamos a preparar algúns xogos para levar á Feira das Matemáticas. Mirade algunha foto de como imos.
Seguídenos para ver o resultado final. Van quedar espléndidos.