Voltamos cun reto familiar

Nunha conversa entre Xoán e Xosé sobre as súas familias, Xosé pregunta:

– Xoán, cantos anos teñen as túas 3 fillas?

– Pois mira, a multiplicación dos seus anos dá 36, e se os sumas dáche o número da casa na que ti vives – respondeu Xoán.

Despois duns intres de reflexión Xosé di:

– Oes, pero para sabelo fáltame un dato.

– Tes toda a razón – responde Xoán – olvidei decirche que a maior das 3 sabe tocar o piano.

Agora xa che toca a ti. Cal é a idade de cada unha das fillas de Xoan?kasass