O María Casares na final autonómica do Rally sen Fronteiras

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnos do IES María Casares vén de clasificarse para a final autonómica do Rally Matemático Sen Fronteiras. Nesta ocasión, os alumnos que representarán o noso centro son Arantxa Balza Martínez, Iago Calvo Cuervo, Cristina Fernández Ares, Carlos García López, Xian Lens Vales, Sara Nogueiras González, Xabier Varela Dios e Matías Vargas Seguí, todos eles de  2º ESO E e dirixidos polo profesor Sergio Novoa. A próxima fase do concurso terá lugar o día 9 de abril en Santiago de Compostela, onde poderán competir con outros centros galegos. Ánimo e a por todas!
Os nosos parabéns aos clasificados, e o noso agradecemento ao resto dos grupos que participaron nesta edición. Todos eles, clasificados ou non, son os encargados de dar prestixio ao noso centro. Todo un exemplo, todo un orgullo.

Rally Matemático sen fronteiras

Onte, Martes 13, ás 16.00 celebrouse no centro a primeira fase do Rally Matemático sen fronteiras. Os alumnos participantes xantaron xuntos no centro antes da proba. Os resultados aínda non os coñecemos, pero do que podemos dar fe é de que os rapaces pasárono xenial facendo matemáticas. Porque as mates molan.

O pase de diapositivas require JavaScript.