O María Casares na final autonómica do Rally sen Fronteiras

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnos do IES María Casares vén de clasificarse para a final autonómica do Rally Matemático Sen Fronteiras. Nesta ocasión, os alumnos que representarán o noso centro son Arantxa Balza Martínez, Iago Calvo Cuervo, Cristina Fernández Ares, Carlos García López, Xian Lens Vales, Sara Nogueiras González, Xabier Varela Dios e Matías Vargas Seguí, todos eles de  2º ESO E e dirixidos polo profesor Sergio Novoa. A próxima fase do concurso terá lugar o día 9 de abril en Santiago de Compostela, onde poderán competir con outros centros galegos. Ánimo e a por todas!
Os nosos parabéns aos clasificados, e o noso agradecemento ao resto dos grupos que participaron nesta edición. Todos eles, clasificados ou non, son os encargados de dar prestixio ao noso centro. Todo un exemplo, todo un orgullo.