O día 11 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Muller na Ciencia. As mulleres teñen participado na investigación ao longo de toda a historia e lideran avances científicos cada día. Por iso queremos animar a todas as rapazas a seguir participando, a abrir novos camiños, a propoñer novos temas, a enriquecer a ciencia con novas perspectivas, para continuar facendo historia.
Rescatar do esquecemento o nome de moitas mulleres científicas que souberon adiantarse ao seu tempo é hoxe un deber. Velaquí unha pequena mostra das súas achegas. Mulleres da Ciencia.
Categoría: Novas científicas.
O club na TVG
Continuamos a proxectar o traballo que facemos no club. Este luns veu a TVG para facer eco da labor científica do Club. Aquí tedes a reportaxe.
RECOMENDACIÓN AUDIOVISUAL: LA NOCHE TEMÁTICA.
Fiando os contidos televisivos coa sección do club “Investiga o que comes”, deixámosvos, para que poidades ver ou volver a ver se xa o fixestes, un par de documentais emitidos este sábado no programa “La noche temática” da 2 de RTVE sobre a comida. Titúlanse “La comida preparada: ¿qué esconde?” e “El fraude de la fruta falsa”. Están dispoñibles no seguinte enlace ate o 12 de novembro de 2017:
http://www.rtve.es/television/documentales/la-noche-tematica/
Moi interesantes.
Os furados negros numéricos.
Hoxe no xornal “El País” ven unha nova sobre como certos numeros naturais son coma os furados negros para outros números. Seguindo unhas pautas básicas con certos números sempre acabamos chegando aos mesmos. Misterioso, fermoso, case máxico.
Ahí vos vai a ligazón: Os furados negros numéricos.