Converxencias arte e ciencia

O xoves 18 de xaneiro membros do Club de Ciencia visitamos no Ágora en A Coruña: “Converxencias arte e ciencia”.

Durante a visita ensináronnos obras de arte realizadas a partires de ecuacións matemáticas cunha impresora 3D (Xa sabemos para que serven as matemáticas!). Explicáronnos o fundamento do cubismo a través das obras de Picasso e Juan Gris e puidemos comprobar como, este último, aplicaba rotacións e modificacións de escala nas súas obras.

Na exposición fixéronnos un percorrido pola arte e a súa relación coa ciencia a través do tempo: observamos a simplicidade xeométrica dos trisqueis, tetrasqueis e pentasqueis, a beleza dos fractais, algunhas das fórmulas matemáticas que se empregan en arquitectura (hipérboles e parábolas) e a xeometría que subxace nun balón de fútbol (icosaedro truncado) que é a do fullereno, unha variedade de carbono cristalino.

Nos obradoiros aprendemos a teselar tendo en conta un sinxelo truco: hai que conservar a área! Aprendemos a sinxeleza e utilidade dos arcos catenarios, o papel fundamental que desempeña a clave na súa estabilidade e comprobamos como a persistencia retiniana é o fundamento de moitas ilusións ópticas.

Unha vez máis, obxectivo cumprido! A experiencia resultou moi instrutiva, aprendemos cousas novas dun xeito diferente!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Galiciencia

Os membros do Club imos de visita a Galiciencia!

Cando?

O venres 24 de novembro sairemos do centro ao redor das 8 da mañá para estar en Ourense sobre as 10. Regresaremos ao centro arredor das 15.00 h.

Que imos ver?

Durante a viaxe, veremos proxectos científicos presentados por alumnos e alumnas doutros centros educativos da nosa comunidade.

Obxectivo?

Pretendemos fomentar o interese dos membros do noso club, para que se animen a participar neste tipo de eventos.

Estade atentos ao blog, onde recolleremos resultados e comentarios desta experiencia!

Screenshot-2017-11-8 Galiciencia 2017 22,23 de novembro de 10 00h-13 00h e de 15 00h-18 00h e 24 de novembro de 10 00h-13 0[...]