Rally sen Fronteiras

O luns 9 de abril o equipo do Rally foi á final autonómica celebrada en Santiago de Compostela. Competiu de forma extraordinaria fronte a outros equipos extraordinarios, quedando nun máis que digno terceiro posto. Pero o máis importante é que os integrantes do equipo volveron pensando en repetir o próximo ano. Todos nós estamos moi orgullosos deles. Parabéns!

 

Feira Matemática

O sábado 7 de abril participamos dendo o Club de Ciencia na Feira das Matemáticas que se celebrou no Palexco, A Coruña. Levamos un xogo, que chamamos “Apaga o lume”, co que os pequenos puideron poñer a proba as súas destrezas con números enteiros. Pasámolo e pasárono xenial. Aquí tedes algunha foto do stand que montamos e da xornada matemática.

O María Casares na final autonómica do Rally sen Fronteiras

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnos do IES María Casares vén de clasificarse para a final autonómica do Rally Matemático Sen Fronteiras. Nesta ocasión, os alumnos que representarán o noso centro son Arantxa Balza Martínez, Iago Calvo Cuervo, Cristina Fernández Ares, Carlos García López, Xian Lens Vales, Sara Nogueiras González, Xabier Varela Dios e Matías Vargas Seguí, todos eles de  2º ESO E e dirixidos polo profesor Sergio Novoa. A próxima fase do concurso terá lugar o día 9 de abril en Santiago de Compostela, onde poderán competir con outros centros galegos. Ánimo e a por todas!
Os nosos parabéns aos clasificados, e o noso agradecemento ao resto dos grupos que participaron nesta edición. Todos eles, clasificados ou non, son os encargados de dar prestixio ao noso centro. Todo un exemplo, todo un orgullo.

Gañador dos Xogos Matemáticos de xaneiro

Tras a corrección corrección dos problemas propostos para o mes de xaneiro, constatouse un empate entre as nosas científicas Ana García (1º ESO B) e Andrea Villar (3º ESO C). Os nosos parabéns a ambas!
E a todos, lembrarvos que xa podedes resolver os problemas do mes de febreiro que están colgados no taboleiro da entrada. Deixámosvos aquí as solucións dos problemas de xaneiro.

Xogos matemáticos

Os compoñentes do grupo Xogos matemáticos, estivemos a deseñar un calendario con problemas matemáticos e de enxeño en forma de concurso para a comunidade educativa. No recibidor do instituto atópanse os problemas, e quen queira pode participar depositando as súas respostas no buzón de respostas.

DSC_0177

Ao final do mes fixemos reconto e obtivemos a gañadora de Novembro, Candela Martínez alumna de 1º ESO.

DSC_0202

Para aqueles que vos animastes a participar, aquí tedes as solucións aos problemas deste mes. Nós seguimos cociñando novos problemas para Decembro. Animádevos a participar. O premio é unha fantástica calculadora científica cada mes.

Ademais do calendario, tamén estamos a preparar algúns xogos para levar á Feira das Matemáticas. Mirade algunha foto de como imos.

Seguídenos para ver o resultado final. Van quedar espléndidos.