Os 3 sombreiros.

Deixámosvos un primeiro reto para que pensedes un pouco.

Nunha mesa hai 3 sombreiros negros e dous brancos. Tres persoas situadas en fila india collen un sombreiro e póñeno sen mirar de que cor é.

Preguntámoslle ao terceiro da fila, que  pode ver a cor do sombreiro do segundo e do primeiro, se é capaz de dicir de que cor é o seu sombreiro. Responde que non.

Preguntámoslle ao segundo da fila, que só pode ver o sombreiro do primeiro, se é capaz de dicir de que cor é o seu sombreiro. Responde que non.

Por último, preguntámoslle ao primeiro da fila, que non pode ver ningún sombreiro, e este di que que si que sabe de que cor é o seu sombreiro.

Cal é a cor do sombreiro do primeiro da fila e como é que foi capaz de sabelo?

sombreros

Solución.

 

Arrancamos.

Benvid@ ao club.

Se estás lendo esta entrada, noraboa, ¡formas parte do club!, xa sexa coma integrante do mesmo ou coma seguidor.

Esta páxina nace coa idea de proxectar e dar visibilidade ás actividades que se leven a cabo dende o CLUB DE CIENCIA do centro. Aquí encontrarás novas, curiosidades, retos e xogos científicos entre outras cousas.

A ciencia é divertida e cotiá, así que anímate a seguirnos e a participar. Pasarémolo ben e o máis importante, entenderemos un pouco mellor a nosa contorna.

Arrancamos.