Rally sen Fronteiras

O luns 9 de abril o equipo do Rally foi á final autonómica celebrada en Santiago de Compostela. Competiu de forma extraordinaria fronte a outros equipos extraordinarios, quedando nun máis que digno terceiro posto. Pero o máis importante é que os integrantes do equipo volveron pensando en repetir o próximo ano. Todos nós estamos moi orgullosos deles. Parabéns!

 

Feira Matemática

O sábado 7 de abril participamos dendo o Club de Ciencia na Feira das Matemáticas que se celebrou no Palexco, A Coruña. Levamos un xogo, que chamamos “Apaga o lume”, co que os pequenos puideron poñer a proba as súas destrezas con números enteiros. Pasámolo e pasárono xenial. Aquí tedes algunha foto do stand que montamos e da xornada matemática.

O María Casares na final autonómica do Rally sen Fronteiras

Por terceiro ano consecutivo, un grupo de alumnos do IES María Casares vén de clasificarse para a final autonómica do Rally Matemático Sen Fronteiras. Nesta ocasión, os alumnos que representarán o noso centro son Arantxa Balza Martínez, Iago Calvo Cuervo, Cristina Fernández Ares, Carlos García López, Xian Lens Vales, Sara Nogueiras González, Xabier Varela Dios e Matías Vargas Seguí, todos eles de  2º ESO E e dirixidos polo profesor Sergio Novoa. A próxima fase do concurso terá lugar o día 9 de abril en Santiago de Compostela, onde poderán competir con outros centros galegos. Ánimo e a por todas!
Os nosos parabéns aos clasificados, e o noso agradecemento ao resto dos grupos que participaron nesta edición. Todos eles, clasificados ou non, son os encargados de dar prestixio ao noso centro. Todo un exemplo, todo un orgullo.

Gañador dos Xogos Matemáticos de xaneiro

Tras a corrección corrección dos problemas propostos para o mes de xaneiro, constatouse un empate entre as nosas científicas Ana García (1º ESO B) e Andrea Villar (3º ESO C). Os nosos parabéns a ambas!
E a todos, lembrarvos que xa podedes resolver os problemas do mes de febreiro que están colgados no taboleiro da entrada. Deixámosvos aquí as solucións dos problemas de xaneiro.

A muller na ciencia

O día 11 de febreiro conmemórase o Día Mundial da Muller na Ciencia. As mulleres teñen participado na investigación ao longo de toda a historia e lideran avances científicos cada día. Por iso queremos animar a todas as rapazas a seguir participando, a abrir novos camiños, a propoñer novos temas, a enriquecer a ciencia con novas perspectivas, para continuar facendo historia. 

Rescatar do esquecemento o nome de moitas mulleres científicas que souberon adiantarse ao seu tempo é hoxe un deber. Velaquí unha pequena mostra das súas achegas. Mulleres da Ciencia.

Converxencias arte e ciencia

O xoves 18 de xaneiro membros do Club de Ciencia visitamos no Ágora en A Coruña: “Converxencias arte e ciencia”.

Durante a visita ensináronnos obras de arte realizadas a partires de ecuacións matemáticas cunha impresora 3D (Xa sabemos para que serven as matemáticas!). Explicáronnos o fundamento do cubismo a través das obras de Picasso e Juan Gris e puidemos comprobar como, este último, aplicaba rotacións e modificacións de escala nas súas obras.

Na exposición fixéronnos un percorrido pola arte e a súa relación coa ciencia a través do tempo: observamos a simplicidade xeométrica dos trisqueis, tetrasqueis e pentasqueis, a beleza dos fractais, algunhas das fórmulas matemáticas que se empregan en arquitectura (hipérboles e parábolas) e a xeometría que subxace nun balón de fútbol (icosaedro truncado) que é a do fullereno, unha variedade de carbono cristalino.

Nos obradoiros aprendemos a teselar tendo en conta un sinxelo truco: hai que conservar a área! Aprendemos a sinxeleza e utilidade dos arcos catenarios, o papel fundamental que desempeña a clave na súa estabilidade e comprobamos como a persistencia retiniana é o fundamento de moitas ilusións ópticas.

Unha vez máis, obxectivo cumprido! A experiencia resultou moi instrutiva, aprendemos cousas novas dun xeito diferente!

O pase de diapositivas require JavaScript.